4/26/2023

MOVÉNDONOS CARA O CAMBIO

 Actividade de convivenvia co alumnado de 6º dos colexios adscritos ao IES Carlos Casares. Coa finalidade de irnos coñecendo antes do cambio de etapa.

Esta primeira xornada piloto, levounos ata o CEIP  Chans Bembrive, que fixeron de anfitrións.

Ao chegar, o primeiro que fixemos foi dividirnos en catro grupos, cos nomes das provincias galegas. Fixeron uns xogos de presentación e logo saíron a merendar e xogar no parque ao lado da escola.

Despois deste tempo de lecer, comezamos a camiñar hacia o roteiro do río Eifonso, unha ruta bonitísima con fervenza e muíños incluídos.

Xantamos no torreiro de Bembrive e xogamos ata que chegou a hora de voltar á escola.

















4/18/2023

O CAN DE ANINA

O pasado mes de Marzo, Anina enviou unha mensaxe ao alumnado do colexio Candeán. 

Adoptou un canciño na canceira municipal da Madroa  e será a nova mascota da lingua galega da escola.

Pediu aos nenos e nenas  que escollesen un nome en galego e facer así, un concurso. 

O nome gañador será o da nova mascota, pero tamén se usará como título do blog da lingua galega.







Pinchando no seguinte enlace poderás ver  como pasamos o día da presentación.



Exposición de nomes do can de Anina

Foron moitos os cans recibidos, a eleción foi moi difícil. Cada grupo elixiu os seus nomes favoritos, tres por aula. 


















Os nomes finalistas son os seguintes...





PINCHA AQUÍ PARA COÑECER O SIGNIFICADO DE CAROZO



ESTE NOME NON APARECE NO DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA. PERTENCE A UN TOPÓNIMO, CONCELLO DE CURTIS, NA COMARCA DE BETANZOS, PROVINCIA DA CORUÑA.
SE QUERES COÑECER UN POUCO MÁIS SOBRE ESTE CONCELLO PINCHA AQUÍ



DESPOIS DE PENSALO MOITO, AS MESTRAS E MESTRES DECIDIMOS QUE O NOME GAÑADOR É...



NEREA 4º PRIMARIA

O SEGUINTE PASO SERÁ USAR O NOME DE CAROZO, COMO NOVO TÍTULO DESTE BLOG

MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN

2/24/2023

ENTROIDO 2023

 O MECO MANDA


Martes

 





        Mércores





       Xoves











Este curso o Meco levou a figura dun teléfono móbil. Sabemos que a tecnoloxía está para axudar e facer o traballo máis sinxelo, pero tamén debemos saber usala con sentidiño.

De ahí que o noso Meco, relacionado co proxecto de centro, dos medios de comunicación, dera moito xogo a increpalo e acusalo, de non ser tan bo como pretende.






Cada grupo clase escribiu unhas coplas e acusacións ao Meco. Primeiro foron pegadas no cartaz do retrouso. 

Despois, o día da festa, foron recitadas, xunto co retrouso, para poder queimar o Meco.

















5/18/2022

LETRAS GALEGAS 2022

Na semán das Letras Galegas, traballamos poemas de Florencio Delgado nas aulas. 

Ademáis de recitalos durante o día da festividade, tamén aproveitamos para decorar o mural da entrada do cole.

Velaí unha mostra do traballo feito polo noso alumnado.